APOSTA POLA UTOPÍA. CONTRA TAMBORES E VERDUGOS

Tantos anos de silencio

Francisco Castro

Editorial Galaxia, Vigo, 2020, 244 páxinas.

 

Non son poucos os autores que teñen recreado episodios da Guerra Civil. Pero non abondan porque aínda quedan moitas mortes terribles e inxustificadas, de ignominia que a xustiza non reparou. Faino a literatura  mediante ensaios e pezas de ficción como esta de Francisco Castro.

O autor recrea nas páxinas da novela unha época de escuridade, de sangue vertida nas cunetas, pero tamén de incomparables soños de cambio cara a unha sociedade mellor. Entre 1936 e a actualidade, período no que se desenvolve a novela, Francisco Castro rescata, un tempo de escuridade, de vinganzas, de paseos ao abrente e tiros nas cunetas, mais tamén de loitas e esforzos titánicos por unha vida mellor..

A autor achéganos na novela a un tema e a un período no que o fascismo consegue que, mediante a represión e o medo, a realidade se torne invisible. Falando xa da trama, cómpre sinalar  que é a súa primeira escavación, pero Ánxela foi escollida para dirixila  en fosas comúns no Pazo de Vila Flavia, onde se sabe que a comezos da Guerra tiveron lugar terribles execucións. Faino, en boa medida, para fuxir dunha experiencia de malos tratos da que vítima por parte do seu home. Aparecen os ósos de seis persoas asasinadas, e tamén o esqueleto dunha muller e entres os seus brazos, un libro  dun poeta  que ninguén coñecía. Nunha analepse retrocedemos a 1936 e coñecemos ao que fóra o seu propietario, o tenente Darío Rocha, un personaxe sanguinario que se dedicara a reprimir nos primeiros días do golpe de Estado. Ánxela e o tenente atópanse en 2006. El semella un cabaleiro formal, no final da súa vida, mais agacha un pasado arrepiante que Ánxela vai descubrir.

E  comeza a esculca e revisións do acontecido logo do levantamento. Tiros ás mañás como música fúnebre. O autor recrea unha época de medo, pero tamén de utopías e de desexos de cambio, representados polos esforzos do doutor,dono  do pazo, tamén preso que lles dicía á xente que a cultura e a educación son o lévedo para facernos mellores e máis libres.

 

 

 

Mais eses soños e esperanzas remataran repentinamente o 18 de xullo de 1936. Ese día, Dario Rocha, rexeitado por Ana, a filla do médico, comeza a matinar unha terrible vinganza. Unha estrutura fragmentaria con saltos no tempo para rescatar os acontecementos brutais acontecidos en Flavia  no ano 1936 e na actualidade, os pensamentos de Ánxela acostumada á violencia de xénero, a historia de amor entre Ana e Ramón e un desenlace, na miña estima sorprendente e pouco crible, sérvelle de estadas a esta novela de martirio, de pánico, de resistencia a tambores e verdugos. E tamén de utopía dos que cren nun mundo mellor, froito da educación.

(Texto publicado no xornal Faro de Vigo o día 16 de abril de 2020)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s