“DESHONRA”: UN LIBRO DE GRAN VALOR LITERARIO

Deshonra

J.M. Coetzee

Tradución de Moisés Barcia

Rinoceronte Editora, Cangas do Morrazo, 268 páxinas

   O primeiro que cómpre recoñecer é o acerto co que o editor desta obra en galego traduciu o título. Porque Moisés Barcia verte ao galego con acerto a palabra inglesa Disgrace que non significa Desgracia, senón Deshonra ou Vergoña. Mais recoñecido o mérito do tradutor, volvo á novela. Disgrace (1999) é posiblemente a mellor novela do Premio Nobel J.M. Coetzee. Logo de vinte anos da súa aparición, a novela segue a ser obxecto dunha manchea de interpretación, en boa medida porque toda a obra do Novel surafricano esta rodeada de unha grande ambigüidade que o escritor xamais quixo revelar.

   O protagonista da novela é David Lurie, profesor de universidade, que aos cincuenta e dous anos e divorciado, ten na su estima ben resoltos os problemas do sexo. Cada semana ten encontros cunha prostituta da que remata namorado. E cando ela desparece, entra en escena unha alumna, Melanie. Entrementres as súas clases na universidade son un mero trámite para el e para os seu alumnado. Coido que resulta oportuno ter en conta o que Villoro afirma verbo desta peza: “Poucas novelas indagan  en forma tan extrema nos usos da hipocrisía e  na corrección política como Disgrace”. Porque, como xa deixei sinalado a palabra inglesa  Disgrace significa realmente deshonra, ignominia, vergoña. O lector pode interpretar que ao protagonista, David Lurie, lle ten acontecido varias desgrazas, mais en realidade o que tematiza a novela e algo que ten que ten que ver coa deshonra.

   Para o protagonista, un profesor pouco profesional de literatura inglesa, divorciado dúas veces e pai dunha filla, a sexualidade é fundamental na súa existencia. Unha sexualidade non necesariamente ligada  ao amor nin á afectividade. E enlazo co dito máis arriba: a relación coa súa alumna Melanie. Con ela ten relacións sexuais, emporiso non plenamente consentidas. E chega un momento no que a alumna deixa de existir á clase do profesor. Entón será investigado tras a denuncia da alumna e aparecen outras incorreccións. Pero David Lurie négase a se desculpar, se ben admite todas as acusacións da alumna e da súa familia. Debido a esa negativa a pedir desculpas, fica cesado definitivamente do seu posto de profesor da universidade.

   Ao pouco tempo, viaxa a unha facenda e alí encóntrase  coa súa filla Lucy.Dedícanse á agricultura e ao coidado de mascotas abandonadas e mortas de fame. Mais, ao pouco tempo, uns ladróns penetran na finca, róubanos e violan a Lucy que resulta preñada e rexeita abortar. Fai amizade cunha muller, Ben Shav, que non le gusta, mais coa que ten sexo.

  Esta breve sinopse da novela remata cando Ben Shav lle pregunta a David Lurie se renunciaría ao seu can favorito e este responde afirmativamente.

  

J.M. COTZEE

O libro posúe un encomiable valor literario, ateigado de elementos ideolóxicos que seguen sendo obxecto  de interpretacións e debates, por mor da ambigüide coa que acostuma escribir J.M. Coetzee. Sobre a narración planea constantemente o motivo da violencia: relacións sexuais cunha alumna maior de idade, non rexeitadas, mais tampouco admitidas de xeito explícito, e consentidas por mor dunha certa coacción e abuso por parte do profesor, se ben na novela, o narrador anónimo soamente presenta o punto de vista do profesor, non o da alumna. De todos os xeitos, os profesor emprega certas tretas para crear na alumna unha sorte de sensación de obrigación de deixarse facer; non se lle resiste, aínda que o evita.

   Na segunda parte, a granxa é asaltada por tres homes que violan a Lucy, e encerran e lle prenden lume a Lurie, que resulta ferido levemente. Ti non sabes o que pasou, dirá a filla porque matina que o seu pai non é capaz de se pór no lugar da muller que é vítima, mais si no do home que a viola. A filla non denuncia os violadores cousa que David Lurie non acaba de entender, mais Lucy, que é lesbiana, interpreta a violación como unha sorte de obriga que cómpre pagar por vivir onde vive. Unha especie de “quid pro quo”. Por iso mesmo acepta que os agresores anden polas proximidades e consinte en ter como veciño ao rapaz agresor.

   O lector pode chegar á conclusión de que David Lurie paga os seus erros como violador a través dos sufrimentos das súa filla. Unha novela, en boa medida, parábola do desconcerto que dá lugar a múltiples interpretacións e que ten unha relación directa cos réximes opresores como o aparheid.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s