MEDOS, PRODIXIOS E ARREPÍOS

O axolote

E outros contos de bestas e auga

Lara Dopazo Ruibal

Editorial Galaxia, Vigo, 2020,124 páxinas.

Lara Dopazo Ruibal é unha escritora aínda moi nova, mais non neófita nas letras galegas. Xornalista de formación,ten publicado sobre todo poemas, e gañado varios premios como o Premio Illa Nova de Narrativa do ano 2020 que obtivo con esta escolma de relatos, cualificados por algún membro do xurado como “un conxunto de relatos orixinais, diversos e de gran altura estética”. A narrativa galega non está orfa de libros de relatos, escritos da man dos grandes narradores coñecidos por todos, algúns sobre todo poetas e autores de relatos en formato breve como Ánxel Fole ou Méndez Ferrín.

Outros, sen tanta fama, pero con achegas moi destacadas neste subxénero. Unha mostra: os trece relatos que nos brinda Lara Dopazo Rial en O axolote e outros contos de bestas e auga. onde se algo reloce é a capacidade fabuladora da autora o que se deixa sentir en cadansúa das historias que nos ofrece. O fío condutor destas trece historias é a presenza do insólito, mesmo do inverosímil, mais non na liña que enche os textos de Tolkien ou da literatura infantil e fantástica de Michael Ende. Neste sentido, o fantástico do que se vale Lara Dopazo ten moito máis que ver coa narrativa galega que se achega ao sobrenatural, como pode ser a de Cunqueiro.

Lara Dopazo Ruibal

Doce textos presentados ao Certame, co engadido dun novo relato “Baleas” que casa perfectamente co resto dos relatos que compoñen a escolma galardoada. O fantástico, os prodixios e arrepíos,  a irrupción do estraño déixase sentir xa no primeiro relato do que toma o título o libro: o protagonista reconta as feridas sufridas na vida e desaparecidas de golpe, agás a derradeira que lle levou dezanove días porque a ferida fóra no corazón. No segundo relato a voz narrativa dá conta da forza do mar nun maremoto, presentido con antelación polos animais. O extranatural deixa a súa pegada en relatos como ”Chispa”: mortos que se laian diante dos vivos e seguen o seu camiño como carnes andantes cara ao inframundo. Noutros relatos é salientable a chamada pola morte, tamén entre un mundo de animais, con finais sorprendentes por exemplo en “As moscas”. Ou un carpincho  cun pau espichado na boca. E malia iso fala e faise pasar polo home morto da voz relatora. Non todos os relatos posúen a mesma gordura diexética. Hainos que relatan historias que, aínda que non desentoen da tonalidade da escolma, as súas temáticas son moi sinxelas e elementais. Outros, pola contra e citaría dous que son precisamente dos máis longos (“A porta verde do río” e “A illa das mulleres”) que penetran no mundo dos misterios, e nos que se mesturan combinacións axeitadas entre elementos.

Relatos escritos con precisión estilística, mais cunha prosa sinxela e que conforman una colectánea merecente de ser tida en conta, nomeadamente en vindeiras entregas da autora.

(Texto publicado no xornal Faro de Vigo o día 11 de marzo de 2021)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s