INTRIGA, HISTORIA, COSTUMISMO

As illas dos deuses

Serafin Parcero

Edicións Xerais, Vigo, 2021, 363 páxinas.

As illas dos deuses é a versión actualizadada edición de autor, Insulae Deorum que no ano 2017 sacou do prelo Serafín Parcero. En ambas as dúas edicións o protagonista é Castela, perseguido por un sicario do goberno franquista con intención de eliminalo na capital de Arxentina. O feito de que a novela quedase entre as finalistas no Trorrente Ballester, motivouno a pensar que podía ser unha ficción, baseada nun personaxe real, tan simbólico para Galicia, que podía interesar ao público en xeral. Emporiso, non é unha novela baseada en feitos reais, malia a presenza de Castela e outros persoeiros e feitos históricos. Fabulación ollada desde unha perspectiva histórica, real, aínda que os feitos que narra nunca aconteceron.

Malia que a novela comeza coa presentación e o discurso “Alba de Groria” en Bos Aires por parte de Castelao, consciente do cancro que, ao pouco tempo o levaría a tumba, e a presenza dun asasino do goberno da ditadura para liquidalo, a historia de Serafin Parcero estruturase en dous momentos históricos: nos anos 20 do século pasado coa chegada de Castelao a unha das chamadas illas dos deuses e os sucesos que alí aconteceron nun verán que vivirá na illa de Ons.

Serafín Parcero

A outra parte relevante acontece a finais dos anos 40, con Castelao en Bos Aires, coa presenza do sicario franquista, o que fai que Castelao rumie no seu pasado, ata levalo a un tempo no que acorda pasar un tempo na illa de Ons, onde atopa definitivamente a súa vocación de pintor. Mais ambos tempos e escenarios mestúranse ao longo da novela.

O asasino perde de forma inverosímil a súa oportunidade, atraído polos cruceiros de pedra que Castelao debuxara. E a seguir, o autor describe a viaxe de Castelao a Ons como pasaxeiro dunha dorna, a chegada a casa do Fuxido para practicar a súa afección de pintar, tras unha longa conversa co taberneiro da illa que ilustra a Castelao cunha chea de aventuras dos seus devanceiros e de el mesmo. Castelao percorre a illa facendo bosquexos e tomando notas provisionais. Entrementres o relato non esquece a encomenda do sicario franquista.

Unha historia onde abonda a intriga, xa que o autor supón que Castelao exiliado seguía sendo un inimigo do fascismo que cómpre eliminar. Mais tamén é esta unha novela costumista cando o relato se traslada a Ons, onde tanto a paisaxe como as formas de vida dos moradores da illa ocupan a atención do lector. Porén é esta unha novela que cumpriría puír: hai abondos comentarios e descricións que son prescindibles e que pouco lle engaden á novela. A voz dos personaxes non se axusta á condición de cada un, todos transidos de linguaxe culta, malia a súa condición de labregos e mariñeiros. Emporiso a novela constitúe un amoado de historias e  fabulacións que se le con pracer.

(Texto publicado o día1 de abril de 2021 no xornal Faro de Vigo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s