FRAGMENTARIO E POLIÉDRICO. SEN EFICACIA NARRATIVA

Os largos e longos campos de liño azul

Isaac Xubín

Editorial Galaxia, Vigo, 2019, 219 páxinas

 

 

Quén é o paciente 500-B? O propósito xeral desta novela é una pescuda que leve a darlle solución sobre a identidade real do paciente 500-B, que perdeu o su nome, o seu vencello coa identidade física O diagnóstico do doutor Myá non ten dúbidas: un dano cognitivo no lóbulo frontal do seu cerebro que lle provoca amnesia retrógrada e anterógrada. Por iso podería dicirse que carece de alma.

O autor sitúa a acción nas Illas, coa súa relixión, a Organización e O Sanedrín que o controlan todo. Ata que desaparecen as pegadas do paciente 500-B, coñecido tamén como o Rubio. Pero na Illa Grande xa non medra o liño no que soña o Rubio. Cál é o interese do Sanedrín por un interno tanto tempo abandonado na institución psiquiátrica?

 

Isaac Xubín

Un exercicio de ficción realizado por un narrador omniscienciete, cunha estrutura poliédrica e, na miña estima, fragmentaria de máis que a converte nun verdadeiro crebacabezas con varias das súas doce partes carentes de interese. Unha chea de personaxes secundarios e unha boa parte de accións que, nunha ollada nada teñen que ver co propósito perseguido e que o lector terá que buscarlles acubillo se quere que teñan sentido. É verdade o que dixeron Deleuze-Guattari: o un devén dous, abundantes ramificacións literarias e circulares. A narrativa fragmentaria procede por dicotomías, mais as secuencias fragmentarias deben estar ao servizo  claro e perceptible dunha unidade principal.

Rexeito o modelo lineal de novela como o único camiño aproveitable, pero o multidimensional, propio das estruturas arbóreas, non pode ser un pesadelo que o lector ha de integrar na estrutura do libro ata atopar a palabra fin. Ben está que a rede de historias se divida nun longo número de narrativas de curta duración, pero  penso que todas elas deben integrarse nun macrotexto ordenador, cousa que parece que non acontece neste libro, quizais demasiado reflexivo e carente de eficacia narrativa relacionada con liña argumental central que tire do lector.

 (Publicado no xornal Faro de Vigo o día 2 de maio, 2019

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s