MULLERES PIONEIRAS EN CASAR CON MULLERES

Elisa e Marcela. Amigas e amantes

Narciso de Gabril

Edicións Xerais, Vigo, 2019, 212 páxinas.

 

En marzo do ano 2010, Libros del Silencio, a editora barcelonesa máis con profundos raigaños galegos -galego foi Gonzalo Canedo o seu fundador e director- publicaba Elisa y Marcela. Más allá de los hombres, da autoría de Narciso de Gabriel, catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. O libro, polo que atinxe ao título orixinal foi escrito en galego e publicado  no ano 2008 por Trea Tres, unha edición pouco divulgada e menos coñecida. Arestora Edicións Xerarais achéganos unha edición á altura dos tempos e con abundantes posibilidades dunha ampla difusión.

Terían que pasar nove anos para que Edicións Xerais se dedidise a agasallarnos coa edición galega definitiva que saíu do prelo nestas datas, rotulada como Elisa e Marcela. Amigas e amantes que  quizais lle fai máis xustiza ao título orixinal e a trama do libro..

Unha obra que reproduce unha historia verídica e insólita para a época na que aconteceu. En calquera caso, o meu saúdo para este libro ben documentado, ilustrado e de interesante lectura que constitúe, como escribe o prologuista Manuel Rivas, unha das máis extraordinarias historias de amor de todos os tempos.

A historia de amor entre Elisa Sánchez e Marcela Gracia tivo lugar na igrexa coruñesa de San Jorge. Foi, sen dúbida o primeiro precedente de matrimonio homosexual en Europa do  que se ten constancia. E non aconteceu nos tempos actuais, senón no ano 1901. Elas foron as pioneiras en casar, máis de cen anos antes de que a lei o permitise para se adaptaren á normalidade daqueles tempos.O seu caso deu a volta ao mundo, aínda que xurdiu a polémica verbo se a prensa debería informar sobre este tipo de sucesos. Ademais rivalizaron por reproducir a fotografía de Sellier que retratou a parella trala voda. O caso prestábase a grandes titulares: noivos de contrabando, voda sáfica, matrimonio sen home…Ata Emilia Pardo Bazán interveu na polémica, eloxiando a personalidades de Elisa e recoñecendo que nunca sería capaz de imaxinar unha novela semellante.

A historia ten aparencias de novela pero non o foi. Marcela e Elisa coñecéranse mentres estudaban maxisterio na Coruña. A súa amizade deu paso a unha relación máis íntima, ata que decidiron vivir xuntas na aldea de Calo e despois en Dumbría, onde Marcela exercía coo mestra superior. No ano 1901, Elisa sen dúbida hermafrodita, adoptou una aspecto masculino e inventou un pasado ateo en Inglaterra. O párroco de San Jorge, preocupado pola difusión do protestantismo na Coruña, bautizouna co nome de Mario e posteriormente casou a  parella.

 

Narciso de Gabriel

 

A investigación de Narciso de Gabriel demostra que o casamento tivo lugar para darlle un pai a un neno, pois como froito da vida marital en común, Marcela ficou embarazada. Descuberto o engano, a parella foxe primeiro a Portugal, onde as dúas mulleres foron engaioladas, xulgadas e absolvidas. E posteriormente a Bos Aires, se ben Elisa viuse na obriga de casar cun home vinte e catro anos maior ca ela como estratexia para presentarse no fogar ao que chegaría despois Marcela, recibida como irmá.. A partir de 1904,  a prensa deixou de ocuparse do caso e pérdeselles a pista.

Foi a raíz da aprobación dos matrimonio homosexuais en España cando Marcela e Elisa comezan a ser reivindicadas como as grandes precursoras das unións matrimoniais entre lesbianas. Precursoras, porén, dunha historia non tanto de sexo como de xénero. Narciso de Gabriel deu coa historia sen buscala, e como froito de longos anos de investigación que arestora se ve reflectida nunha edición á que todo o mundo ten acceso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s