CON VERDADES E VIRTUDES. NO SOLPOR DA EXISTENCIA

O peso do cerebro

Xesús Cosntela

Edicións Xerais, Vigo, 2021, 211 páxinas.

   

Veño seguindo a produción narrativa de Xesús Constela desde que no ano 2003, cunha escolma de relatos engadira o seu nome a relación curta e selecta de escritores galegos que ata entón obtiveran o Premio Torrente Ballester. Desde entón Xesús Constela ten escrito e publicado máis de seis novelas. A última, O peso do cerebro A narrativa de Xesús Constela acostuma ser arriscada, moderna, ben resolta e con raíces na narrativa de sempre. Arestora afronta este reto de facer  do peso do cerebro o impulso motor dunha novela.

   O peso do cerebro é un mergullo na mente das persoas maiores para intentar descubrir que cousas ou motivacións se acubillan no cerebro dunha persoa,cando fai acto de presenza a vellez. O protagonista é don Honorio, afectado de demencia senil, e todo acontece na cidade Barco, unha clara referencia ao Ferrol natal do autor, ancorado na cidade, un sentimento que aínda permanece nel. O protagonista intenta que as súas ideas se convertan en memorias imperecedeiras, limpándoas segundo as vai sacando do cerebro.

   

Xesús Constela

É o incipit da novela. Mais moi pronto fai acto de presenza Paula, neta de don Honorio que atende o ancián mentres a familia traballa. Pero unha mañá, mentres a neta sae a fumar, don Honorio desaparece; perdido porque no atopa o mar e enleadas as súas ideas e estragadas as súas neuronas, mais coa urxencia de coller a lancha  para ir a unha verbena e atoparse con Elviriña, o seu amor. Mentres tanto dialoga coa estatua de bronce dun marques. E no seu percorrido  pola cidade vaia atopando diversos personaxes: ademais do marques inmobilizado pero que lle fala, un neno que leva unha robaliza atada cun cordel, dous rondallistas e outros personaxes tan estrafalarios coma don Honorio. Todos eles, enfrontados entre si, intentan desfacerse de don Honorio, e así pérdense as pegadas que deixarán sen pistas á neta Paula e á policía á que finalmente avisaran os seu pais.

   A novela non está orfa de verdades e virtudes, tanto no plano diexético como no formal: a denuncia verbo do desamparo no que quedan as persoas afectadas pola demencia senil. En reflexións dun dos protagonistas, vemos reflectida a reconversión industrial da cidade Barco e o seu declive, nunha clara referencia a Ferrol. Mais na miña estima, o máis salientable desta nova peza de Xesús Constela é o seu tratamento literario. Por veces, da a impresión de que estamos somerxidos nunha estética valleinclanesca, con certas incidencias de farsa. Moi oportunas as notas ao pé de paxina nas que dúas mulleres comentan con rexouba o que lles está sucedendo aos personaxes. Mestura de técnicas expresivas, con predominio do monólogo interior e a selección particular do léxico co que se expresa cada personaxe.

(Texto publicado no xornal Faro de Vigo o 24 de xuño de 2021)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s