A DAS PUTAS, RÚA DA LIBERDADE

Os jean de María

Lois Alcayde Dans

Editorial Galaxia, Vigo, 2019, 105 páxinas

 

Volve á narrativa Lois Alcayde Dans despois de ter gañado no ano 2016 o I Premio Balbino de relatos. E volve cun brazado de contos -dezasete en total- nos que se mesturan situacións cotiás, ateigadas de incerteza e personaxes en situacións límite. O relato breve e, sen dúbida un subxénero de iniciación que é bo cando é capaz de contar historias breves e compactas, nas que se focalizan, sobre todo, os sucesos e detalles máis salientables, omitindo referencias referidas polo miúdo  verbo dos personaxes ou do espazo onde ten lugar a historia. O que dixo Julio Cortázar: “O gran conto breve condensa a obsesión da animalia…, presenza alucinada para enfeitizar o lector”. Ou como tamén se ten repetido: o relato é coma unha coitelada.

Esta é unha escolma de contos urbanos, cuxas historias acontecen na cidade herculina, -algunhas en Madrid-, e as súas tramas son moi variadas.

En case todas elas, os protagonistas ven alustrado o seu vivir cotián por acontecementos fortuítos, algúns incontrolables e outros que forman parte da vida de todos os días: desexos, esperanzas e desesperanzas, feitos fortuítos: o encontro emocionado dunha nena e o seu avó, que ten na súa memoria unha historia dura -a “orografía do medo”- ; as fendas inesquecibles da Guerra; a vivencia dunha enorme treboada por una parella de mulleres e nenos; o estalido da Guerra Civil na Coruña coa camaradería e as balas traidoras -un dos relatos más épicos xunto co que leva por título e llelo da ao libro, “Os jeans de Maria”, no que a entrada dos grises nas aulas, fai que a liberdade estea debuxada con letras vermellas na rúa das putas, e unha promesa de futuro nos vaqueiros azuis que se trocan brancos, dunha rapaza que se lle resiste aos homes de cor de cinza. O desenvolvemento industrial ilegal tapando o fedor do xornalista. Ou a corrupción urbanística á espera de que espiche a vella do cuarto.

        Lois Alcayde Dans, Editorial Galaxia

 

No haber de Os jeans de Maria, saliento a concentración, consubstancial  coa esencia do relato; algunhas tramas argumentais certamente boas; o emprego de poucos adxectivos, o   autor metaforiza dun xeito envexable. Tamén fai bo uso das elipses. As descricións, das que non abusa, son boas . E en xeral o estilo da prosa é moi coidado. E no debe, deste mollo de contos, faría referencia, en primeiro lugar, á mediocridade dalgunhas tramas, cuxos fíos non tiran do lector. Tampouco os comezos, en xeral, non enganchan a quen empeza a ler. Verbo dos desenlaces, hai de todo na miña estima. Xa que logo, unha abondosa escolma de microcosmos literarios, sen dúbida prometedora, e na que o lector vai atopar pracenteiras sorpresas e tramas que non teñen esa categoría.

(Teste texto foi publicado en case toda a súa totalidade e con outro título no xornal Faro de Vigo do día 6 de febrero de 2020)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s