VIDAS CRUZADAS

Por puntos

Manuel Portas

Editorial Galaxia, Vigo, 2019, 251 páxinas.

 

Foi no ano 2019 cando Manuel Portas debutou na narrativa galega cunha novela de amplo percorrido, Denso recendo a salgado; á que seguiron outras cinco pezas -a última, Por puntos- e  algúns dos premios literarios máis importantes do sistema literario galego; e a mesma calidade que medra, porén, en cada nova peza, como podemos observar en Por puntos, Premio Blanco Amor 2018.

   Por puntos  é unha novela coral, retrato de tipos humanos, esnaquizados polas circunstacias da vida  que se reúnen nun cursiño os fins de semana para recuperaren os puntos do permiso de conducir que perderan por diversas circunstancias da vida, e no pecado vailles a penitencia, como lle di a autoridade que, ao comezo, impón a súa fachenda no curso. Personaxes entrañables como Adela que non gusta de si, agacha as súa incertezas en  desacougo constante. Ou Montse que,malia cumprir cincuenta anos non recibe felicitación; ou o substituto, profesor interino que vai ao curso para recuperar os puntos que vendeu. Persoas cheas de vida, de humanismo; na miña estima, o retrato do mundo condensado nun mangado de mulleres e homes: a perfecta ama de casa que acepta o papel de ser “muller de” ata que pilla o home séndolle infiel; o mozo ao que perde a velocidade; a muller de cincuenta anos, trinta e cinco deles viúva, co alcohol como única válvula de escape; o substituto que tamén exerce de arrebatado poeta, o home que, aos corenta e cinco anos, asume a súa homosexualidade, ou Tupé con fama de matón. Tamén Rosa, a encargada do café.

Estes son algúns dos compoñentes dese protagonismo coral. Manuel Portas fainos saber das súas vidas, angueiras, traballos e problemas. Mais eles, entre si, case sen se decatar, van tecendo unha malla de complicidades para fuxiren da soidade na que se atopan ensumidos, ata chegar ás desavinzas ou desilusións amorosas. Namoramentos case de adolescentes, aloulados e pegañentos, mais polo xeral sempre enganosamente fanados.

Tales son os actantes da novela; seres ateigados de humanismo, da intimidade que vai nacendo entre eles. Manuel Portas o único que fai é contarnos a vida, descartando tanto nesta novela como noutras achegas, o relato de grandes feitos, de grandes persoeiros. E como pano de fondo, un percorrido pola soidade dos protagonistas. O que autor relata nesta novela é a vida cotiá de persoas aliendas na incerteza dunha existencia solitaria.

 

 

                       Manuel Portas

 

Emporiso, a novela avanza a bo ritmo e cunha estratexia narrativa sinalada polo mesmo autor: a teoría do iceberg, omisións, un certo minimalismo, fixándose o escritor nos elementos da superficie, mais, ao meu ver, debaixo desa oitava parte que aparece encol da auga, déixase sentir, sen ningunha dúbida, a posición subxectiva e crítica do autor.

Novela ademais cun plus de aventura, de estratexias para ligar, con sutís doses de humor; e un idioma no que, mais unha vez, domina a frescura, a espontaneidade e o sabido dominio do galego. Eis pois o retallo dun libro de xente que está farta de non ser querida.

(Texto publicado no número 272, xaneiro 2020, da revista Tempos Novos)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s