UNHA ACEPTABLLE NOVELA POLICIAL

Baixo as alas de abril

Xoaquin Frnández Leiceaga

Editorial Galaxia, Vigo, 2021, 457 páxinas.

  

 Recunca o economista e político X. Fernández Leiceaga na narrativa galega de ficción. Debutará no ano 2015 con Agosto de memoria e morte. Arestora agasállanos con Baixo as alas de abril, unha novela que cómpre adcribir no subxénero policial ; unha novela de intriga policial que se introduce no ambiente sindical e estudantil de comezos do ano 1989 en Compostela. E torna á narrativa co mesmo comisario policial que o autor creara na súa anterior obra, cuxa estrutura e lóxica, como esta, lle facilita a súa paixón por contar historiais nas que o escritor procura beber da realidade. Endalí que novela estea contextualizada nun tempo con rechamantes acontecementos internacionais, en un intre de brote independentista violento en Galicia.

   E como todo autor de ficción, Fernández Leiceaga altera e transfigura lembranzas para erguer desde a creatividade narrativa a realidade. Xa que logo, partindo do feito de que esta peza non é ningunha crónica, senón unha recreación literaria, amoso algún trazos da trama: un grupo de independentistas, asaltan unha casa cuartel na procura de armas. Dous feridos de gravidade. É entón cando intervén Miguel Santos, que se sente policía ata cando dorme, e ten abondo coñecemento do medio e experiencia investigadora. O gobernador civil insístelle ata que acepta traballar coa garda civil na resolución do caso.. Pero traballará co seu equipo.. A súa misión: desarticular o grupo terrorista.

Xoaquín Fernández Leiceaga

A novela que pertence enteiramente ao xénero policial céntrase nas esculcar dos investigadores, persecucións, interrogatorios, e amósanos un monllo de vidas esmoucadas, con implicacións políticas para a aínda incipiente democracia. E magoantes consecuencias para a vida dos militantes do incipiente grupo armado independentista e dos seus familiares. Non é misión deste comentario revelar os distintos pasos, con adiantos e paradas na investigación, mais, sabendo que  a peza de Fernández Leiceaga forma parte do subxénero policial, o lector comprenderá que, malia que no sexa unha historia maniquea de bos e de malos, non fai falta insistir en cál será o desenlace da intriga. Trátase, en definitiva de resolver o enigma ou o que en inglés que bautizou como Whodunit, privilexiando a investigación como elemento fundamental e deixando á marxe os trazos máis representativos da novela negra. Cómpre con todo salientar que os seareiros do subxénero lerán con pracer esta segunda incursión do autor na narrativa de noso. Entre o méritos da peza, resalto o feito de que o comisario Miguel Santos actúa dun xeito moi distinto da policía franquista. E na novela reflíctense as preocupación, medos e reflexións da célula independentista.

( Texto publicado no xornal Faro de Vigo o 16 de decembro de 2021)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s