UN TEXTO BEN AXEITADO (Novela animalista, novela coral)

Na actualidade no sistema literario galego abundan os narradores  que escriben textos ficcionais de formato amplo, pero son poucos os que adican o seu enxeño creativo ao tratamento de literatura de animais engaiolados en granxas en condición dificilmente imaxinables.Un deles, quizais a excepción, é Xurxo Sierra Veloso que hai unhas semanas publicou nos prelos de Galaxia esta novela que hoxe comento, Benvidos á cidade. O autor, xa cunha ampla experiencia no eido da creación ficcional, agasállanos con esta peza, unha novela “animalista” como ten sido caracterizada.

Xa que logo, a escolla dun narrador experimentado mergúllanos xa de entrada, e aínda sen facer referencia á sinopse da trama, nunha crítica enteiramente xustificada do capitalismo sen escrúpulos  e desapiadado que oprime e escraviza os animais para o beneficio das grandes empresas, interesadas unicamente no lucro  económico, chegando a inxectar sustancias velenosas nos animais que os fai moito máis perigosos para os seres humanos.A trama da novela comeza presentando distintos personaxes que falan das súas vidas e aconteceres, moitos deles  prescindibles para o desenvolvemento da novela, ata que comezan a escoitar na televisión unha nova que informa de que unha granxa de visóns sufriu un asalto e que deixaron ceibes a milleiros de visóns que estaban a ser sometidos a experimentos científicos que os facía medrar a presa e as súas peles brillaban moito máis e de distintas cores. Pero que converte os animais en moi perigosos e agresivos. Intervén a policía para atopar os que liberaron os visóns e evitar o perigo, decidindo que cómpre matar os animais. E como non debo actuar de spoiler e revelar a trama da novela, si me atrevo a aconsellar que paga a pena a súa lectura. Limítome, non entanto, a súa análise.

Xurxo Xierra Veloso

Benvidos á cidade pode ser inserida dentro do subxénero da novela ecoloxista, pois os animais tamén forman parte, parte esencial, da ecoloxía do planeta. É asemade unha novela cunha manchea de personaxes que a converten nunha novela coral, sen que iso supoña ningún atranco para a súa lectura. A habilidade narrativa de Xurxo Sierra  Veloso foi capaz de evitalo.A tonalidade do relato novelesco está en boa parte condicionada polos moitos personaxes que na mesma interveñen e polo mesmo tema da trama. O rexeitamento dos ecoloxistas a ter animais engaiolados para o proveito utilitarista de certas empresas capitalistas. O autor foi capaz de inserir no discurso do narrador principal omnisciente os moitos diálogos dos personaxes secundarios. Ambientes configurados de forma axeitada e personaxes ben delineados. Todo isto,  xunto coa novidade do tema, fai aconsellable a lectura desta novela

(Texto publicado o día 4 de febreiro de 2021 no xornal Faro de Vigo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s