PÁXINA DE SOMBRA

Na Neve do lobo da xente (Chaguazoso)

Emilio Araúxo

Editorial Toxosoutos, Noya, 1920, 187 páxinas

A miña salutación para este novo agasallo que de xeito inesperado me fai chegar Emilio Araúxo, ese escritor e home de cultura prolífico e ao mesmo tempo discreto. Porque Emilio Araúxo leva creando unha ampla obra artística en moitos campos da cultura galega: poeta, narrador, editor, tradutor etnógrafo, mitógrafo e un eximio fotógrafo que leva inmortalizando  fitos moi importantes da cultura de noso: o entroido galego e ese macrocosmos de tempos pretéritos da nosa labranza. Grazas os seus poemas, os seus textos, as imaxes tiradas con infinita paciencia e perseveranza, podemos decatarnos do que foi o cultivo da terra en tempos idos. Na neve do lobo sa xente (Chaguazoso), “páxina de sombra” empregando as súas palabras, é o fermoso libro que arestora Emilio Araúxo  edita en Toxosoutos. Así, nesta breve sinopse describe o autor o seu labor neste libro de escritura e de imaxes, acompañado dun glosario, non só acaído,senón tamén necesario: “Na páxina de sombra dunha corna ce cabra, a vida da serra escribíndose coas pisadas de promesa do tempo. O Lobo da Xente. O folión  e as foliadas do entroido e as lardeiras e os lardeiros. Versos que facían chorar as pedras. Unha copla que tiveron. O responso do lobo. En conversación sempre se xera un cariño. Estaos esperando a lúa. Aquela xentiña era digna de querer. A cotovía desfaise cantando. A res rompía aínda que che dése a neve pola cintura. As aldeas quedamos na rexión do esquecemento”.

Un libro que describe e dá, sobre todo,testemuño da vida da xente na serra, nesa serra de San Mamede, que o autor tan ben coñece, coa pequenas aldeas perdidas entre os seus vales. E a mágoa porque o caldo da serra non se fai xa. Non hai mozos nas aldeas. Todo isto ilustrado con ducias de imaxes: cabras, pastores,vacas con nome de seu. Testemuños que Emilio Araúxo recolle de tempos pasados, da boca dos poucos poboadores que aínda resisten na serra e ven marchar as reses cara o monte. Outra historia oral e fotográfica de negruras e soidade.

(Texto publicado no xornal El correo Gallego o 16 de xaneiro de 2021)                            

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s