MAGRA CONTRIBUCIÓN (Tres mapas da narrativa de noso)

Cartografías da narrativa galega contemporánea

Xaquin Núñez Sabarís

Cartografías da narrativa galega contemporánea

Editorial Galaxia, Vigo, 2020, 164 páxinas

   

Este libro non é unha historia da narrativa galega contemporánea,da que por certo carecemos, xa que os traballos de X. González Millán non acadan máis alá dos amos 90, e máis que un relato histórico é un socioloxía literaria galega. E o IV volume da Historia da Literatura Galega de Xosé Ramón Pena enche a  historia da literatura galega desde 1936 a 1975. Así mesmo, o estudo de Dolores Vilavedra remata con fin do pasado século.

   O estudo de Xaquín Núñez Sabarís aborda os mapas, a cartografía conceptual e xeográfica da narrativa galega actual; e faino a partir do estudo de tres casos especiais: a narrativa ambientada en Compostela. Vigo e Rías Baixas, o que equivale ao thriller relixioso, á novela negra e á narcoficción. Segundo o autor, estes son os modelos emerxentes na narrativa de noso actual. Fenómenos novos, segundo o autor, co que non concordo, que compoñen a ruta de navegación do libro.

   Os enfoques metodolóxicos aos que se cingue o autor para reducir a súa cartografía de literatura galega a estes tres espazos de interese e á delimitación do campo, son algúns dos reiterados en debates previos: identidade, literatura e mercado; aos que o autor engade a revolución tecnolóxica, a explosión dixital e os conceptos xeopolíticos xerados pola globalización, con concorrencia de expresións mediais diversas (comic, ficción televisiva, videopoema). É o que o autor designa como transmedialidade. Xa que logo, o traballo de Núñez Sabarís analiza as xeografías ficcionais non só literarias.

   

Xaquín Núñez Sabarís

A seguir, o autor estuda estas tres xeografías literarias. O  thiller relixioso arredor do Camiño de Santiago,subliñando a gran recepción literaria e audiovisual de Trece badaladas de Suso de Toro, que abriu a canle para outras novelas. Así mesmo, a novela negra -eu diría detectivesca- centrada en Vigo cun bo monllo de novelas. E a narcoficción da que Fariña semella ser o produto máis rechamante xa que, con esta peza, a narcoficción galega fíxose global. Mais o relato do narco na ficción galega xa comezara antes, se partimos dese concepto de transmedialidade que emprega o autor. Como tal, Entre bateas (película de televisión), Narcos de Carlos Reigosa  ou Todo é silencio de Manuel Rivas. En resumo, o estudo ofrecido nos tres apartados da ficción galega responden aos obxectivos  sinalados nos enfoques metodolóxicos. Segundo o autor, estes son os mapas emerxentes da nosa narrativa contemporánea. Non entanto, quedan fóra quizais as ficción máis importantes destes anos, polo que este libro e só unha magra contribución á cartografía na narrativa galega contemporánea.

 (Texto publicado no xornal Faro de Vigo o día 15 de outubro de 2020)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s