PATRIMONIO INMATERIAL

GUÍA DE CAMPO DA GALICIA ENCANTADA

Edición de Antonio Reigosa

Edicións Xerais, Vigo, 2020, 257 páxinas.

En edición de Antonio Reigosa, un dos grandes promotores da nosa cultura inmaterial, Edicións Xerais publicou hai uns meses o segundo volume dese proxecto colaborativo que é Galicia Encantada. Enciclopedia da Fantasía popular de Galicia. Unha guía en papel que o editor e colaboradores ofrecen ás persoas interesadas nas fantasías do país  que os viu nacer ou que o habitan. Ao longo dos anos, o editor xuntamente con outros coautores e colaboradores  foi recollendo o grande almacén do noso imaxinal e da nosa cultura popular. Na Guía que hoxe comento, o editor recolle unha pequena parte dos arquivos que vontade colaborativa  foi incorporando ao longo de quince anos a web Galicia Encantada. Máis dun cento de relatos que permitenconservar, non só na tradición oral, senón tamén en papel impreso, moitos dos nosos mitos, lendas, ritos, contos e saberes que veñen  da memoria dos nosos devanceiros e que forman parte da nosa memoria cultural.  Todo o material  mitolóxico e lendario está relacionado a lugares singulares por razóns históricas, arqueolóxicas, naturais e culturais.

Vinte e dous capítulos, precedidos todos eles dun pequeno  texto introdutorio no que saen dos seus abeiros orais seres imaxinarios, nomeadamente procedentes da oralidade: pequenas historias para amedrentar os cativos; amuletos ou reliquias que coidamos que nos poden ser propicios; relatos arredor da morte en formas de caveiras ou Santa Compaña; casas encantadas; as morfoloxías e astucias do demo e os seus maleficios; seres e lugares produtos da maxia ou do feitizo; seres que sen ser míticos, teñen algo que os fai raros e orixinais; persoas ou animais con características monstruosas, lendas urbanas que se espallan como rumores; doenzas que a medicina popular intentaba curar; relatos lendarios sobre seres  femininos míticos; animais mitolóxicos como serpes, lobishomes; as augas que dan e quitan vida, os mitos asociados ás plantas como medicina. Tamén teñen o seu lugar na Galicia Máxica os nubeiros e tronantes; as peregrinacións como experiencia e esperanza; os rituais que  se realizan nas pontes; a tradición oral de don Roldán. En fin, santos, virxes, milagres, prodixios, tesouros, toponimias populares. E finalmente certos contos que non teñen vencello con ningún lugar. Xa que logo, unha moi interesante contribución o almacén mitolóxico, tirado da tradición oral que, máis unha vez nos fai decatar de que o trasmundo e o prodixio forman parte da vida cotiá de Galicia.

(Texto publicado no xornal Faro de Vigo o 17 de setembro de 2020)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s