SOBRE A CORRUPCION. NOVELA DETECTIVESCA / NOVELA NEGRA

A vinganza dos homes bos

Manuel Esteban

Edicións Xerais, Vigo, 2020, 260 páxinas.

É a terceira novela do médico e escritor vigués Manuel Esteban. A ira dos mansos (Premio Xerais, 2016) significou o seu ventureiro debut na narrativa galega. Posteriormente, no anos 2018, publicou O meu nome é ninguén. As dúas protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. E as dúas, plausibles exercicios de integridade e conciencia literaria. Nesta terceira entrega. M. Esteban non se afasta do subxénero policial detectivesco, o seu heroe / antiheroe  volve ser o inspector Manso. Dous son os escenarios e tempos da novela: Fuerteventura e o Sáhara Occidental  de 1998 e o Vigo de 2018. Dous importantes saltos no tempo que, malia a estrutura diferenciada e mesmo numerada, non impide que no desenlace todo conflúa.

Carlos Manso que na primeira intención de autor, debía ser un personaxe  un pouco túzaro, é, como na primeira novela, un ser poliédrico. E arestora,xa xubilado, o autor mergúllase con máis profundidade no comportamento e motivacións. A vinganza dos homes bos é una novela cunha arquitectura dupla e complexa, con partes que acontecen en Fuerteventura e no Sáhara abandonado polo españois en mans marroquís. Alí atopamos a Manso realizando certas pescudas relacionadas co narcotráfico, corrupción na comisaría, o barco American Star, mortes matadas e trato pouco propicio cos marroquís. A novela, nesta primeira parte, acóllese claramente ao esquema policial. Mais a novela comeza en Vigo, pero o traballo de Manso que acaba de se xubilar, xa non é atopar criminais, senón actuar de detective privado. Porén, ten un asasino que atrapar. Un asunto que fará de balde.

Esta segunda parte que leva por título “O kraken e o mar”, corresponde á época actual. Na mesma comeza a aparecer un inframundo, non só de maldade e corrupción, senón tamén de galerías e túneles  soterrados e abandonados na cidade de Vigo. E o relato deriva cara ao detectivesco, con asasinatos, corrupción nas altas esferas da policía e de certo clero, luxurioso e proxeneta.

Novela fragmentaria con relación á distribucións das súas partes que se entrecruzan, o que podería dificultar a lectura, mais serve para recoñecer no protagonista principal un verdadeiro antiheroe. Como xa quedou sinalado, esas partes e saltos no tempo conflúen  ao final no que Manso é invitado a esconxurar as súas pantasmas e a súa culpa. O relato flúe entre a novela detectivesca e a novela negra, se ben na miña estima, predomina o relato detectivesco: investigación dun feito criminal. Mais, por veces, o autor sitúa en primeiro plano o retrato crítico da sociedade, neste caso a marxinal e a introspeccións psicolóxica dos personaxes. Trazos que definen a novela negra.

(Texto publicado no xornal Faro de Vigo o día 10 de setembro de 2020)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s