TRES POETAS GALEGOS COMBATEN O VIRUS E O FASCISMO (versión en galego e en español)

Tres poetas en estado de alarma

Carlos Negro, Vítor Vaqueiro, Xosé María Álvarez Cácamo

Limiar de Xavier Queipo.

Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 2020, 106 páxinas.

  

A pandemia vírica que actualmente estamos soportando ou da que morreremos, dará lugar a moitas obras literarias. E non soamente por cousa do confinamento. O virus que nos ataca ten unha gramática particular e sen precedentes. Non é a primeira vez que isto acontece nin será a derradeira. A cacofonía de voces, un ruído enxordecedor,  unha morea de información. Unha enxurrada de noticias, moitas delas contraditorias, seguen a confundirnos,  xa que non sabemos ónde se atopa a verdade. Escoitamos ou lemos o parte das mortes diarias ou dos infectados, pero nada máis.

   Fronte a esta situación, tres poetas galego defenden coa pluma a estirpe, a linaxe dos homes sabios que baixaron das árbores. Do que eles crearon coas súas reflexións aceiradas, salmos, metáforas, alegorías, haikus, pequenos relatos, xorde este libro  que edita Laiovento. Eles son Xosé María Álvarez Cácamo, Vítor Vaqueiro e Carlos Negro.

   Resilencia destes escritores que avanzan cara a luz, nos vieiros dunha lingua que lles é propia, e cunha estética que hoxe é máis necesaria ca nunca: defender a liberdade creadora, a liberdade xeral fronte aos fascismos. Con eles celebramos a lingua, e celebramos a loita  para defender todo aquilo que nos queren arrebatar.

   Fixareime de forma especial nos poemas breves, nos haikus. Lembro que cando millóns de usuarios reclamaban que se ampliara a 280 os carácteres do tuit, aos xaponeses semelláballes algo extraño, unha desafortunada proposta. E preferiron quedar cos 140 orixinais, xunto cos chineses e coreanos. É o resultado da cultura milenaria da contención. Un modo de entender o mundo que se traduce marabillosamente  en tres versos e nas dezasete sílabas do haikus, repartidas desde xeito: cinco, sete, cinco. Hai moitos anos que o haikus, no que o mestre Basho destacou coma ninguén no período Edo, deixou de ser patrimonio exclusivo dos xaponeses. Hoxe tamén xa é casa nosa.

   Sexan canónicos ou non, compartan cos orientais a súa métrica silábica, participan con eles  da súa capacidade de asombro -velaquí a verdadeira esencia do haikus-, os haikus que nos ofrece Carlos Negro na primeira parte deste libro (“Diario de corentena”). Oito relatos superbreves de Vítor Vaqueiro que achegan fantasía. Finalmente o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo agasállanos con poesía breve (algún haiku) e poemas curtos que con eles comparten o mesmo nivel de emoción, de alma, e a determinacións de manternos afastados do fascismo.

   Un libro pois contra a ignomia do encerro, sobre todo na súa aplicación, sen ter en conta a dispersión da poboación galega. E un berro para que nos contaminemos da escrita  dos tres escritores, e celebremos a literatura sen  fronteiras, fronte a xelatina dos días, como acertadamente remata o limiar do libro escrito por de Xavier Queipo.

TRES  POETAS GALLEGOS COMBATEN EL VIRUS Y EL FASCISMO (Traducción al español)

   La pandemia vírica que actualmente estamos soportando o de la que morimos, dará lugar  a no pocas obras literarias. Y no solamente por causa del confinamiento. El virus que nos ataca posee una gramática particular y sin precedentes. No es la primera vez que tal cosa sucede ni será la última y definitiva. La cacofonía de voces, un ruido ensordecedor, una inmensa cantidad de información, una catarata de noticias, contradictorias muchas de ellas, nos siguen confundiendo ya que no sabemos dónde hallar la verdad. Escuchamos o leemos el parte de las muertes diarias o de los infectados, pero nada más.

   Frente a esta situación, tres poetas gallegos defienden con la pluma la estirpe, el linaje de los hombres sabios que bajaron de los árboles. De lo que ellos crearon con sus reflexiones aceradas, salmos, metáforas, alegorías, haikus, pequeños relatos, surge este libro que edita Laiovento. Ellos son: Xosé María Álvarez Cáccamo, Vítor Vaqueiro y Carlos Negro.

   Resistencia de estos escritores que avanzan hacia la luz, en la senda de una lengua que les es propia, y con una estética que actualmente es más necesaria que nunca: defender la libertad creadora, la libertad  en general frente a los fascismos. Con ellos celebramos la lengua, y celebramos la lucha para defender todo aquello que nos quieren arrebatar.

   Prestaré especial atención a los poemas breves, a los haikus. Recuerdo que cuando millones de usuarios reclamaban que se ampliase a 280 os caracteres del tuit, a los japoneses les parecía algo extraño, una propuesta desafortunada. Y prefirieron  quedar con los 140 originales, juntamente con los chinos y coreanos. Es el resultado de la cultura milenaria de la contención. Un modo de entender el mundo que se traduce de forma maravillosa en tres  versos y en las diecisiete sílabas del haikus, repartidas así: cinco, siete, cinco. Hace muchos años que el haikus, en el que el maestro Basho destacó como nadie en el periodo Edo, dejó de ser patrimonio exclusivo de los japoneses. Hoy también ya es casa nuestra.

   Sean canónicos o no, compartan con los orientales su métrica silábica, participan con ellos de  su capacidad de asombro  – he aquí la verdadera esencia del haikus-, los haikus que nos ofrece Carlos Negro en la primera parte de este libro (Diario de cuarentena). Con ocho relatos supe breves nos agasaja Vítor Vaqueiro, ofreciéndonos fantasías. Finalmente el poeta Xosé María Álvarez Cáccamo nos regala poesía breve (algún haiku) y poemas cortos que con ellos comparten el mismo nivel de emoción, y la determinación de mantenernos alejados del fascismo.

   Un libro pues contra la ignominia del encierro, sobre todo en su aplicación, sin tener en cuenta la dispersión de la población gallega. Y un grito para que nos contaminemos de la escritura de los tres escritores, y celebremos la literatura sin fronteras, frente a la gelatina de los días, como acertadamente concluye la introducción de este libro  escrito por Xavier Queipo.

Francisco Martínez Bouzas

Novenoites

Brújulas y Espirales

SELECCIÓN DE POEMAS

II

“Outra pandemia:

os que escapan as praias

virus Sangenjo.”

VI

“O envés do andazo

anticorpos do cosmos

contra nós patóxenos.”

X

“Grallan os corvos,

agoiros do pánico.

Enferma como informan.”

XI

“A peste,

outra vez a peste.

A existencia é contaxio.”

XIII

“As formigas

Volven facer ringleira:

Supermercado.”

XV

“Confinamento.

Hiperactividade.

Ningún nirvana.”

XVIII

“A menos dun metro,

boca infecciosa

brada o fascismo.”

XXXI

“Dinlle os  maiores.

Xa non son vellos.

Merecen ser ancians.”

XXXV

“Horario de abrazos.

Normativa de bicos.

Vivir polo BOE.”

Carlos  Negro, Coronahaikus , páxinas 25-59

…..

Os cervos

baixaron a beber nas fontes

da cidade baleira.”

…..

“O mar ser  motore4s.

O agarimo da brisa.

O silencio da noite primeira.”

…..

“Cando volvamos á rúa,

¡ai da mansidade!

¡ai da submisión!

Ai do medo  en unánime

consigna de obediencia.

Ai da vida ancorada

nas brañas lamacentas”

…..

“Sobre o chan da agonía

desfilan  os exércitos do mundo.

E continúa a festa dos depredadores.

A mascarada

de luvas brancas.”

…..

A peste tranparente da pobreza.

A noite acoitelada do Poder.

O estoupido da luz.”

…..

“Remexe una muller no colector do lixo.

Fame sen máscara.

Pasan ao seu carón rostros estúpidos,

Bandeiras imperiais”

…..

“Virán novas marés

silandeiras e xordas.

Iremonosnos disolvendo no mar.”

Xosé María Álvarez Cáccamo, Poemas de confnamento, páxinas 87-106

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s