NADA GALEGO LLE FOI ALLEO

Ricardo Carbalho Calero: a ciencia ao servizo da nación

         María Pilar García Negro (ed)

         Edicións Laiovento, Santiago de     Compostela, 2019

         296 páxinas.

 

 

Nunha segunda edición revisada e acrecentada, María Pilar García Negro  edita o que podiamos denominar unha parte  importante da obra menor de Ricardo Carvallo Calero. Unha pequena escolma da súa obra colosal, sempre vencellada á defensa, recuperación e normalización do idioma de noso. A profesora García Negro foi alumna do primeiro catedrático  de Lingua e Literatura na Universidade de Santiago, Asistiu as súas aulas e, con outros moitos compañeiros, ligou amizade incondicional co mestre, co que, como ela escribe, aprendemos a sentir polo idioma do pais amor, coñecemento e respecto. García Negro acompañou a Carvallo Calero en moitos actos que se celebraban por todo o pais, gozando da súa conversa sabia e discreta e escoitando unha manchea de anécdotas que  don Ricardo compartira con Castelao, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, entre outros.

Unha das súas maneiras de honrar o gran lingüista e erudito, é esta edición de case cincuenta  “traballos menores”que Carballo Calero publicou entre 1930 e 1987. Artigos de moi diversa fasquía: uns de carácter científico, outros, divulgativos, para alén das súas grandes obras no terreo lingüístico ou narrativo. Textos publicados en revistas como Nós, A Nosa Terra (nas súas dúas épocas), Grial, e en xornais como Faro de Vigo, La Voz de Galicia ou El Progreso.Todos eles ateigados de sensibilidade ante a actualidade sociolingüística e literaria. Así como conferencias, algunha delas refeitas coas anotacións que tomou a autora e que o mestre revisou, pregóns e ensaios publicados ao longo dos anos.

 

 

   PILAR GARCIA NEGRO
   (Ed)

 

Un amplo abano temático, mais sempre baixo a norma, para el pouco menos que sagrada, do rigor e da honestidade. No faltan con todo, lembranzas das súas aulas, denuncias de anormais ciruxías (a repartición provincial de Galicia en 1833), as necesidade de ler os clásicos galegos. E algunhas achegas importantes verbos dos mesmos: Rosalía de Castro, Pondal, Curros, López Ferreiro, Cabanillas, Castelao, Cunqueiro… En nun lugar sobranceiro, os textos dedicados á lingua, a sociolingüística e  a política lingüística. Por razóns persoais non quero esquecer o “Discurso en Cambados”, no que lembrou no ano 1961 unha visita a Cabanillas, un dos espíritos cardinais  da nosa terra, e que, na data de referencia, era un “corpo cangado pola vellice no que alentaba aquel profundo e armonioso espírito, hoxe incorporado ao ceo da nosa groria” e ao que Carballo Calero acompaña dun estudo da súa obra. Rotulo este comentario coas palabras que Carballo Calero definiu a Otero Pedrayo, porque son fiel reflexo da súa propia realidade.

.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s