INNOVADORA ESTRUTURA. “INFLAMANDO AS IMAXES DA INTENSA MORTE”

Shanghai a Barcelona

Amador Castro Moure

Edicións Xerais, Vigo, 2019, 193 páxinasShangai a Barcelona.jpg REDUDICDOOOOOOOOOOO

 

 

Por maioría, Amador Castro Moure, coa súa obra Shangai a Barcelona, foi declarado gañador da última edición do Premio Xerais de Novela, un aval que amosa que algo hai tras esta novela, como tal o que sinala o xurado: “orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade,…a viveza e naturalidade dos diálogos, a efectiva creación dunha atmosfera abafante,…alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha lingua lírica presente en forma de haikus… O constraste de espazos urbanos… e outros situados no rural galego, sen esquecer o retrato singular da emigración galega a Barcelona…”

Cada lector xulgará se esta valoración do xurado se axusta á realidade da súa lectura dun libro dun escritor que se considera un aprendiz da lingua e que bota man do dicionario.

O nome do mítico tren que durante boa parte dos anos 80, 90 e parte do actual século uniu Barcelona con Galicia, pode facernos pensar que esta e unha novela da emigración. Porén, aínda que a emigración está presente, non é o tema central da peza de Castro Moure.

O relato desenvólvese en varios espazos  vitais: Barcelona, a aldea que na novela recibe o nome de Trasmundi – en realidade é un lon lugar-, o mítico tren Shangai, que se alternan e presentan tres aspectos distintos da obra. Cada un destes espazos ten a súa voz narrativa, dúas delas son en realidade unha sorte de desdobramento do protagonista. Xa que logo, un único narrador a tres voces.

Shangai a Barcelona é a novela de Orlando, e desenvólvese nunha acronía que vai desde o ano 1994 ata o 2016, con distintas analepses e prolepses; e en lugares de transitoriedade que non teñen demasiada importancia para seren considerados lugares. Trasmundi unha aldea situada na Ribeira Sacra, Barcelona e o tren Shangai con distinta paradas:Monforte, Horta, Estacións de Sants, Barrio de Gracia. Orlando viaxa a Barcelona en tren e aséntase e Trasmundi.

arpt

Amador Castro Moure

Ao longo destas viaxes e estancias, o protagonista, hedonista e despreocupado, non describe lugares. senón acontecementos, costumes, mais o rural non é para el o paraíso nin se lle parece -o de ser paraíso é cousa de avogados- Non entanto, retratan a vida da emigración. Na novela reflíctense acontecementos que suceden na vida do protagonista que non é un fío continuo das súas andanzas. Shangai a Barcelona remata cada capitulo cun haiku que nos inducen a reflexionar sobre a secuencia. Con parte dun deles de Clara Vidal rotulo este comentario. Shangai a Barcelona é un Premio Xerais innovador en canto a súa estrutura. Non é dos peores, mais tampouco dos mellores premiados nas trinta a seis edicións.

(Texto publicado no xornal Faro de Vivo o día 19 de decembro de 2019)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s