DEMORADA NOVELA NEGRA

O último barco

Domingo Villar

Editorial Galaxia, Vigo, 2019, 794 páxinas

 

No ano 2006 Domingo Villar facía a súa a súa estrea na novela policial con Ollos de auga e inventaba o policía Leo Caldas que pronto se convertería nun dos detectives máis famosos da novela policial de noso. Tres anos máis tarde volve cativar o lector co mesmo personaxe. Moi agardado desde entón, pasaron nove anos tecendo e destecendo esta macronovela O último barco. Sexa como for, as novelas de Domingo Villar son moi agardadas polos seareiros do subxénero. Por O último barco, nas súas case que oitocentas páxinas, circula unha ampla panoplia de personaxes,  a desaparición dunha muller nunha das beiras da  Ría de Vigo, e unha trama policial que vertebra a historia dirixida polo inspector Leo Caldas. Unha trama que se desenvolve nomeadamente a través de moitos diálogos que permiten que o lector se achegue á ampla nómina de personaxes. E que cada lector teña a posibilidade de refacer a historia.

Leo Caldas enfróntase á desaparición de Mónica Andrade que non acude ao seu traballo e na súa vivenda non se atopan pegadas de violencia. Todo fai pensar que se trata dunha desaparición voluntaria. Mais para que exista novela policial o caso ha de irse envurullando por moito que discorra en augas mainas na superficie que poden agachar un temporal no que nada é o que parece. D. Villar amósase na súa novela un autor moi esixente e perfeccionista, preocupado non por ofrecernos “novelas negras, brancas nin vermellas”.A súa é unha aposta por unha boa historia e abofé que esta o é.

E como o labor do crítico non é facer de spoiler, aconséllolle ao lector que cunha lectura demorada descubra pola súa conta os enigmas desta novela. Limítome a facer algunha anotación sobre as teselas, o tempero do inspector Caldas, referirme a tonalidade  e resaltar bondades e posibles defectos. Trátase en primeiro lugar dunha historia ganduxada no mar de Vigo, pero mira e conta o mundo aínda que teña ben pouco que ver coa trama. Basease en todas as convencións do xénero pero tamén hai moito suspense e un desenlace plausible.

 

Domingo Villar

 

O inspector amosa o amor a súa terra ata o punto que recrea con paixón as paisaxes, e a idiosincrasia galegas. Leo Caldas é un personaxe perfeccionista, reflexivo e ata compasivo. E sobre todo perfila retratos sociais dos seus personaxes máis que aventuras criminais. A tonalidade é a propia das novelas policiais: observación, dedución, rastrexo de vestixios. Mais que carencias,  a novela peca pola excesiva amplitude:secuencias, capítulos enteiros que nada engaden a trama, son sobexos. Porén, na miña estima, esta é a mellor novela de D. Villar.

(Texto publicado no xornal Faro de Figo, 18 de abril,2019)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s