POLAS ZONAS ABISAIS DA HUMANIDAE

Se isto é un home

Prtimo Levi

Tradución de Xoán Manuel Garrido Vilariño

Edicións Xerais, Vigo, 2019, 300 páginas.

 

Se isto é un home é un clásico da literatura sobre o Holocausto. Publicado en 1947, non engade porén nada novo verbo das atrocidades concretas cometidas nos campos de concentración. Non foi escrito, afirma Primo Levi, para formular novas cargas de acusación, senón para desbotar a infección latente en moitas alma humanas de que “todo estranxeiro é un inimigo”. Cando isto acontece, ao final está a ameaza e a realidade do Lager.

Primo Levi, nun texto con marcado carácter fragmentario -capítulos escritos sen sucesión lóxica- narra a súa propia historia  de xudeu e partisano capaturado polos fascistas en decembro de 1943, é internado en Fossoli e desde alí transportado a con outros hebreos a un destino onde son divididos entre aqueles válidos ou inválidos para o traballo. Os segundos son eliminados de contado, os primeiros recluídos no campo de concentración de Auschwitz, onde lles tatúan un número que acelera o proceso de despersonaliación. Primo Levi afronta os problemas de convivencia, os perigos dos bombardeos, os problemas derivados do frío, o aumento dos fornos crematorios. A historia conclúe coa fuxida dos alemáns e coa chegada das tropa rusas que liberan aos prisioneiros.

 

 

Primo Levi

No relato do día a día de Primo Levi e dos seus compañeiros prisioneiros en Auschwitz cobran especial relevancia, a descrición da cotidianeidade frustante, a resistencia e a firmeza dos seres humanos nesta viaxe e nas zonas máis abisais da humanidade. Lonxe de ser o relato da supervivencia heroica do protagonista, Primo Levi fala da sorte e da situación de privilexio no campo da que lle permitiu gozas a súa graduación en Química. A liberación interior e o desexo de contar a súa terrible experiencia constitúen a modalidade coa que Primo Levi testemuña, á vez nos interroga sobre o que teríamos feito nós nunha situación semellante. Un libro que é un imperativo para que non desviemos a vista a un lado diante calquera sinal de perigo.

(Texto publicado no xornal Faro de Vigo o día 7demarzode 2019)

Advertisements