POLAS ZONAS ABISAIS DA HUMANIDAE

Se isto é un home

Prtimo Levi

Tradución de Xoán Manuel Garrido Vilariño

Edicións Xerais, Vigo, 2019, 300 páginas.

 

Se isto é un home é un clásico da literatura sobre o Holocausto. Publicado en 1947, non engade porén nada novo verbo das atrocidades concretas cometidas nos campos de concentración. Non foi escrito, afirma Primo Levi, para formular novas cargas de acusación, senón para desbotar a infección latente en moitas alma humanas de que “todo estranxeiro é un inimigo”. Cando isto acontece, ao final está a ameaza e a realidade do Lager.

Primo Levi, nun texto con marcado carácter fragmentario -capítulos escritos sen sucesión lóxica- narra a súa propia historia  de xudeu e partisano capaturado polos fascistas en decembro de 1943, é internado en Fossoli e desde alí transportado a con outros hebreos a un destino onde son divididos entre aqueles válidos ou inválidos para o traballo. Os segundos son eliminados de contado, os primeiros recluídos no campo de concentración de Auschwitz, onde lles tatúan un número que acelera o proceso de despersonaliación. Primo Levi afronta os problemas de convivencia, os perigos dos bombardeos, os problemas derivados do frío, o aumento dos fornos crematorios. A historia conclúe coa fuxida dos alemáns e coa chegada das tropa rusas que liberan aos prisioneiros.

 

 

Primo Levi

No relato do día a día de Primo Levi e dos seus compañeiros prisioneiros en Auschwitz cobran especial relevancia, a descrición da cotidianeidade frustante, a resistencia e a firmeza dos seres humanos nesta viaxe e nas zonas máis abisais da humanidade. Lonxe de ser o relato da supervivencia heroica do protagonista, Primo Levi fala da sorte e da situación de privilexio no campo da que lle permitiu gozas a súa graduación en Química. A liberación interior e o desexo de contar a súa terrible experiencia constitúen a modalidade coa que Primo Levi testemuña, á vez nos interroga sobre o que teríamos feito nós nunha situación semellante. Un libro que é un imperativo para que non desviemos a vista a un lado diante calquera sinal de perigo.

(Texto publicado no xornal Faro de Vigo o día 7demarzode 2019)

FICCIÓN DISTÓPICA

Natura

Iolanda Zúñiga

Editorial Galaxia, Vigo, 218, 214 páxinas.

 Iolanda Zúñiga non é unha outsaider na literatura de noso, senón unha autora cun currículo xa ben cumprido. Autora de libros de relatos e de novelas –Periferia unha delas, Premio Xerais- ou Noites de safaria no mesmo ano que deu ao prelo Natura. Entregarse en cada texto é o seu propósito, e iso fainonesta súa incursión na ficción distópica, na que as mulleres, como protagonistas se empoderan da historia. Un libro que xorde, así o confesa a autora, como homenaxe á novela A estrada de Cormac Mac Carthy, se ben con personaxes femininas, una naia e unha fila, e o frío transformado en calor. Natura chéganos con todos os trazos da narrativa distópica: un subxénero de ciencia ficción que presenta unha hipotética cidade futura onde por mor da deshumanización da mesma, un gobernos dunha autoproclamada elite totalitaria e o control intrusivo que a tecnoloxía exerce sobre a vida cotiá, o individuo fica degradado a favor do pensamento único e dunha sociedade unitaria. Natura estéase na relixión; daquela que o punto fundamental da mesma é a fe: as xentes, “vítimas dunha lingua de esparto” que varre o mundo abrasándoo todo, procura a salvación sospeitando ser vítimas dunha praga bíblica. Coa vitoria do  bando do medo, cardumes de seres humanos emprenden unha fuxida multitudinaria coa esperanza de atoparen un espazo no norte: Natura, unha obra concibida para a perfección. Entre os que parten está a protagonista que foxe coa súa nai. Resistirán mais serán uns dos principais obxectos da violencia, cando a filla cae nas mans unha elite que o ten todo planificdo para salvarse só eles, unha vez que o planeta fique arrasado e colapse.

 

Iolanda Zúñig

Na novela aparece a meirande parte dos compoñentes clásicos  do xénero distópico: o control social a través de drogas e manipulación da linguaxe, unha extremada xerarquización social, unha crítica ao poder, con castas explotadas, pero nas que tamén esta imperante a lei dos más forte coas persoas rexeitadas de Natura que deben retornar á condición animal. Nesta loita hobbesiana  cada clase abusa da inferior. Un universo denso, asfixiante moi propio para o desenvolvemento da trama, e un estilo poético de gran forza danlle acubillo a esta boa novela distópica e de horror

(Texto publicado o dia 28 de febreiro de 2019 no xornal Faro de Vigo)