A EFICACIA DA MICRO-LITERATURA

Escrita no ano 1998 como rección á consolidación en Francia do ultradereitista  Frente Nacional, Martin brun  (Mañana parda) na súa tradución ao castelán), é un exemplo senlleiro da eficacia da micro-literatura. Un libro de doce páxinas, vinte na súa versión ao español, que se le en menos de dez minutos, e que, porén, malia a súa brevidade, consegue transmitir con claridade unha resoante fábula antifascista. Para aqueles que non teñen fe na utilidade da literatura, a lectura desta mínima fábula pódese converter nun impactante  descubrimento  que os pode facer reconsiderar as súas opinións.

Franck Pavloff (Nimes, 1940) é o autor desta parábola antifascista, eficaz, mais moi afastada dos canons  habituais do discurso político. Un autor practicamente descoñecido, fillo dun anarquista búlgaro, brigadista na Guerra española, e dunha partisana francesa, dos que herdou a tendencia a loitar contra o conformismo. Publicou este pequeno libro en 1998 cunha aceptación discreta. O seu éxito inesperado abrollou de súpeto grazas á teima de dous ou tres xornalistas entusiastas e ao tremor e incrédula indignación que percorreu Francia en abril do 2002 cando Le Pén chegou a ser un posible vencedor nas eleccións francesas. Foi entón cando as breves páxinas de Franck Pavloff conquistaron un público moi amplo ata o punto de triplicar o número de exemplares nas sucesivas edicións, a tirada do Premio Goncourt. Ademais, para que acadase a máxima difusión, Pavloff renunciou os seus dereitos de autor, e El Aleph, o selo editor que o publicou en España, os beneficios comerciais que puidese obter coa súa venda.

Martin brun narra a historia dun réxime político que decide eliminar os gatos os cans que non sexan pardos. Na pequena parábola aparecen como espectadores mudos dous amigos que se adaptan á decisión do réxime  con tranquila indiferenza, privilexiando a propia tranquilidade e aprazando de forma indefinida o momento de se rebelaren. Sacrifican os seus gatos e cans e aceptan resignados as novas regulamentacións, convencidos de que a seguridade parda podía ter o seu lado positivo. Mais moi pronto libros e bibliotecas son depurados porque nos textos non aparece o adxectivo pardo. Asemade, os xornais son substituídos  polo diario “Noticias Pardas”. Chegará un momento no que os resignados amigos acabarán sendo detidos porque, con anterioridade, eles ou os seus familiares posuirán animais non pardos e agora iso é delito.No novo Estado Pardo todo o mundo pode facer o que queira sempre que pensamentos, accións e desexos sexan da mesma cor.

Unha parábola, xa que logo, contra a abulia cotiá, contra o cansazo que apaga as conciencias dos cidadáns. A literatura convértese entón no espello no que as persoas se ven reflectidas en nun motor que nos empurra a actuar..

Hai máis de oitenta anos Erich Fromm desde a psicoloxía intentou explicar as raíces do noso medo a sermos libres. Ser libre significa ser responsables dos nosos destinos. Unha responsabilidade moi pesada que angustia a moitas persoas que terminan delegando  nun home forte para que decida por eles. No seu texto, Pavloff explica cunha brevísima parábola a mesma crise de liberdade na civilización occidental contemporánea. A súa historia é moi sinxela, pero tan efectiva que os xornais franceses propugnaron no seu día que Martin brun debería ser distribuído gratuitamente xunto cos certificados electorais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s