Para alén do cotián. Da esencia soterrada da literatura

 

Presenza dunha Ausencia

Sobre Maurice Blanchot

Anxo A. Rei Ballesteros

Axóuxere Editora, Rianxo (A Coruña), 2013, 129 páxinas

 

   A ensaística segue a ter unha mirrada presenza no sistema literario galego. Os libros de ensaio onde os autores se arriscan co pensamento e propoñen enunciados e respostas singulares para o noso tempo, alicerzados na ilustración crítica. Porén, libros como esta achega póstuma de Anxo Rei Ballesteros, ese autor maldito e solitario, pero dono dun persoalísimo discurso narrativo, contribúen a minguar un oco importante na literatura de noso.

   O texto dun escritor que abala entre a narración e a filosofía, foi atopado entre os papeis que Rei Ballesteros deixou amoreados no seu estudo. A pequena editorial de Rianxo conseguiu darlle forma definitiva a este “pequeno (humilde e imperceptible) fito no despegue da ensaística galega”.

Anxo A. Rei Ballesteros

   Mais o pensamento radical de Rei Ballesteros tamén se interroga verbo da literatura. Inquéritos sen resposta doada pola súa radicalidade, porque ante  a morte, esa “amizade subreticia”, como en Blanchot, a literatura é una palabra vacua. Meditación profunda, afastada das insípidas lambetadas, mais na que hai un intenso tributo á filosofía, á literatura e que abre portas “para alén do cotián”

 

(Texto publicado o día 12 de decembro de 2013 no suplemento Correo das Culturas, páxina VII do xornal Faro de Vigo)

Unha opinión sobre “Para alén do cotián. Da esencia soterrada da literatura

  1. Sr. Martínez Bouzas: Anxo Ballesteros nunca escribiu textos humildes e imperceptibles, poderían máis ou menos acertados, mais humildes, nunca!
    Por certo, ten lido vostede o libro ao que fai referencia?
    Un cordial saúdo:
    Chus Armada Castaño

    Gústame

Os comentarios están pechados.