Para alén do cotián. Da esencia soterrada da literatura

 

Presenza dunha Ausencia

Sobre Maurice Blanchot

Anxo A. Rei Ballesteros

Axóuxere Editora, Rianxo (A Coruña), 2013, 129 páxinas

 

   A ensaística segue a ter unha mirrada presenza no sistema literario galego. Os libros de ensaio onde os autores se arriscan co pensamento e propoñen enunciados e respostas singulares para o noso tempo, alicerzados na ilustración crítica. Porén, libros como esta achega póstuma de Anxo Rei Ballesteros, ese autor maldito e solitario, pero dono dun persoalísimo discurso narrativo, contribúen a minguar un oco importante na literatura de noso.

   O texto dun escritor que abala entre a narración e a filosofía, foi atopado entre os papeis que Rei Ballesteros deixou amoreados no seu estudo. A pequena editorial de Rianxo conseguiu darlle forma definitiva a este “pequeno (humilde e imperceptible) fito no despegue da ensaística galega”.

Anxo A. Rei Ballesteros

   Mais o pensamento radical de Rei Ballesteros tamén se interroga verbo da literatura. Inquéritos sen resposta doada pola súa radicalidade, porque ante  a morte, esa “amizade subreticia”, como en Blanchot, a literatura é una palabra vacua. Meditación profunda, afastada das insípidas lambetadas, mais na que hai un intenso tributo á filosofía, á literatura e que abre portas “para alén do cotián”

 

(Texto publicado o día 12 de decembro de 2013 no suplemento Correo das Culturas, páxina VII do xornal Faro de Vigo)